Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2023 Páx. 26541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 13 abril de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, polo que se lle notifica á persoa interesada a suspensión do procedemento SXRH-PD-3/23.

O 17.2.2023, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades acordou suspender o procedemento disciplinario tramitado coa referencia SXRH-PD-3/23. Os intentos de notificación do acordo de suspensión á persoa inculpada realizáronse no seu domicilio, a través do servizo de Correos, e tamén mediante a posta á disposición electrónica, intentos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase este anuncio para que sirva de notificación á persoa interesada. A continuación, identifícase a persoa interesada, a referencia do procedemento e o acto administrativo que se pretende notificar.

Persoa citada: 47437459M.

Procedemento: SXRH-PD-3/23.

Trámite: acordo de suspensión do procedemento.

A persoa interesada ou quen acredite ser o seu representante poderán solicitar unha copia do acordo de suspensión á instrutora ou acudindo calquera día de luns a venres (excepto festivos), das 9.00 ás 14.00 horas, ás dependencias do Servizo de Réxime Xurídico e Recursos, na sede da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, na cidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2023

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades