Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26089

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 11 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT207E).

BDNS (Identif.): 689462.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3 b) e 20.8 a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas todas as persoas físicas residentes, cando menos durante un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.

2. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas autónomas ou xurídicas que estean constituídas como produtora independente no momento de presentar a solicitude e sexan residentes, cando menos durante un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.

Segundo. Finalidade

O apoio á creación de obras audiovisuais con decidida vocación artística e cultural e, en concreto, a escrita de guións e a realización de curtametraxes a cargo de creadores/as individuais, e a posprodución de curtametraxes e realización de longametraxes a cargo de empresas individuais ou produtoras, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 11 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT207E).

Cuarto. Importe

Para a concesión das subvencións destínase un crédito global de 194.000 euros, con cargo ás seguintes aplicacións do orzamento da Axencia Galega das Industrias Culturais:

Aplicación orzamentaria

Ano 2023

Ano 2024

10.A1.432B.480.0

66.000,00 €

-

10.A1.432B.770.0

15.000,00 €

113.000,00 €

Código de procedemento 2015-00003

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2023

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais