Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 115, do 18 de xuño), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nas demais normas concordantes,
DISPÓN:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais ou definitivos, segundo o disposto na base IV.5, os que figuran no mesmo anexo.
Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade co artigo 60.e) da LEPG.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 21 de abril de 2023
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Nº |
DNI |
Apelidos e nome |
Destino |
Código do posto |
Cons. |
Denominación |
Centro de destino |
Centro directivo |
Subgr. |
Nivel |
Concello |
1 |
***1192** |
Amigo Barcia, María Fernanda |
Definitivo |
FCA200000115770015 |
FC |
Xefatura de Plans Inspección |
Área de Inspección Tributaria |
Axencia Tributaria de Galicia |
A1/A2 |
25 |
Santiago de Compostela |
2 |
***3149** |
Delgado Calvo, María Teresa |
Definitivo |
FCA200000215770012 |
FC |
Xefatura de Equipo |
Área de Xestión Tributaria |
Axencia Tributaria de Galicia |
A1/A2 |
25 |
Santiago de Compostela |
3 |
***0041** |
Periago Rodríguez, Laura Carmen |
Definitivo |
FCC030000215770008 |
FC |
Xefatura de Sección |
Subd. Xeral de Contabilidade |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
A1/A2 |
25 |
Santiago de Compostela |
4 |
***1570** |
Mourelle Ferreiro, Juan Carlos |
Provisional |
FCA200000115770016 |
FC |
Xefatura de Plans Inspección |
Área de Inspección Tributaria |
Axencia Tributaria de Galicia |
A1/A2 |
25 |
Santiago de Compostela |