Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2023 Páx. 25535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2023/141-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTA VAA708, substitución CTI Remedios 36A748 por CTC e instalación ITC.

Situación: Gondomar.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 16 metros de lonxitude, con orixe no apoio 9V3WCPIK//36-57 da LMTA VAA708 e final no apoio 9V3KDMOI//36-56, no cal se instala un interruptor telecontrolado.

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 787 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo no apoio 9V3KDMOI//36-56 e final no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación compacto (CTC) a 160 kVA, con RT 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 0783605NG2508S0001PO, no camiño da Torre.

Desmontaxe do centro de transformación intemperie (CTI) Remedios 36AA708.

A instalación está situada nos lugares da Torre e da Portela, parroquia de Couso, no municipio de Gondomar (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 28 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/141-4.

Denominación: LMTA VAA708, substitución CTI Remedios 36A748 por CTC e instalación ITC.

Concello: Gondomar.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Couso

Urbano

0783605NG2508S0001PO

Ramón Misa Bouzada

14,96

4,15

17,24