Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2023 Páx. 25543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Moaña (expediente IN407A 2023/111-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS, CT Couso 2.

Situación: Moaña.

Características técnicas:

– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor tipo LA-56, de 73 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-1000/16 na LMT CII809 Latón 9, que substitúe ao 9X67KX0Q CH-630/13, e final no apoio 9W7OH1IA//61-15. Retensado doutro van contiguo ao apoio proxectado (86 metros LA-56).

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 729 metros de lonxitude, con orixe no apoio C-1000/16, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación (CT) proxectado Couso 2.

– Centro de transformación Couso a 250 kVA, con RT de 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36029A025003550000ID, no lugar de Couso, 98.

A instalación está situada no lugar de Couso, parroquia de Meira, no concello de Moaña (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 28 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/111-4.

Denominación: LMTS, CT Couso 2.

Concello: Moaña.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m²)

Apoio

Afeccións

ml sub.

m² sub.

1

O Redondo

Rústico

36029A023002750000ID

Descoñecido/a

1

2,00

4,00

8,00

2

Couso

Rústico

36029A025003550000ID

Lino Castilla

14,00