Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2023 Páx. 25565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 10 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se lles notifica a varias persoas interesadas a Resolución do 6 de febreiro de 2023 relativa ao parque eólico Ventumelo, sito nos concellos da Pobra de Trives e San Xoán de Río (Ourense) e Ribas de Sil (Lugo), promovido por Wind Hero, S.L. (expediente IN408A/2019/079).

Por Resolución do 6 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, outorgouse autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Ventumelo, sito nos concellos da Pobra de Trives e San Xoán de Río (Ourense) e Ribas de Sil (Lugo) e promovido por Wind Hero S.L. (IN408A/2019/079).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, despois dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sita en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Persoa/s interesada/s

Acto que se notifica

María Ángeles Rodríguez Prada

Autorización administrativa previa e autorización de construción

Brasilia Louro Lago, actuando en nome e representación do Comité de Defensa das Rías Altas

Autorización administrativa previa e autorización de construción

Fernando Jesús Martínez Yáñez

Autorización administrativa previa e autorización de construción

Ángel Sanjuan Nogales

Autorización administrativa previa e autorización de construción

Lourdes Salgado Collazos

Autorización administrativa previa e autorización de construción

Pablo Sanjuan Collazos

Autorización administrativa previa e autorización de construción

Erik Dobaño Salgado, actuando en nome e representación de Stop Eólicos Xurés-Celanova

Autorización administrativa previa e autorización de construción

Alicia López Pardo

Autorización administrativa previa e autorización de construción

María Durán Beloso, actuando en nome e representación de Amigos da Terra

Autorización administrativa previa e autorización de construción