Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2023 Páx. 25446

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2023 (código de procedemento MT804C) (Diario Oficial de Galicia número 238, do 16 de decembro de 2022).

O artigo 19 da Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2023 (código de procedemento MT804C) establece que, no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución, se publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, entidade beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención..

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións ao abeiro da Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2023 (código de procedemento MT804C), segundo o anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2023

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Norma reguladora: Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2023 (código de procedemento MT804C).

Crédito orzamentario: 40.000 euros.

Aplicacións orzamentarias: 08.03.541B-780.0 (20.000,00 €), 08.03.541B-781.1 (10.000,00 €) e 08.03.541B-770.0 (10.000,00 €), dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

Finalidade: establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2023.

Expediente, entidades beneficiarias, elemento do Catálogo, aplicación orzamentaria, importe adxudicado:

Nº expediente

Entidade beneficiaria

Elemento do Catálogo

Aplicación
orzamentaria

Importe adxudicado (€)

001/2023

CMVMC Parroquia Viso-Redondela

158A

08.03.541B-781.1

4.206,50

002/2023

Juan Armada Díez de Rivera

12A

08.03.541B-780.0

1.087,92

106A

800,00

2F

4.185,47

12F

1.000,00

003/2023

Centro Recreativo Cultural e Deportivo de Baamonde (Cercud)

158A

08.03.541B-781.1

4.206,00

004/2023

Pazo de Barrantes, S.A.

7F

08.03.541B-770.0

4.056,50

005/2023

Eyaika Salnés, S.L.

40A

08.03.541B-770.0

900,00

006/2023

José Antonio Fernández Otero

159A

08.03.541B-780.0

1.650,00

007/2023

Adelina Rodríguez Fernández

38F

08.03.541B-780.0

1.500,00

008/2023

Pazo de Rubianes, S.L.

59A

08.03.541B-770.0

2.916,90

8F

2.126,60

009/2023

CMVMC de Viladesuso

33F

08.03.541B-781.1

3.555,00

010/2023

CMVMC de Eiras

10F

08.03.541B-781.1

8.000,00