Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2023 Páx. 25596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 20 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se somete a información pública un proxecto para a instalación dun establecemento de acuicultura na zona terrestre no concello de Moaña (expediente PE503A-2023-1).

En cumprimento do artigo 10 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG núm. 9, do 6 de xuño), sométese a información pública o proxecto para a instalación do establecemento que se describe:

Solicitante: Octolarvae, S.L. (B05321641).

Tipo: criadeiro.

Proxecto: consolidación do cultivo larvario de polbo para explotación industrial.

Finalidade: experimentación larvaria de polbo común (Octopus vulgaris).

Localización: A Borna, Meira, concello de Moaña (Pontevedra).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta dirección xeral, situada na praza de Europa, 5A-4º (polígono das Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela, no prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2023

Antonio Basanta Fernández
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica