A Resolución pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso no grupo I, categoría 4; grupo II, categoría 7, e grupo III, categoría 2, de persoal laboral fixo da Axencia Galega de Innovación (Resolución do 20 de decembro de 2022; DOG núm. 248, do 30 de decembro) poderá consultarse no portal web corporativo da Axencia Galega de Innovación, 2022-Axencia Galega de Innovación (xunta.gal).
A resolución pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas fai mención expresa ao cumprimento do requisito do coñecemento da lingua galega.
A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura, así mesmo, como anexo a este anuncio.
Santiago de Compostela, 18 de abril de 2023
Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación
ANEXO
Relación definitiva de persoas excluídas
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
Blanco Eire, Manuel |
***1922** |
I.3.2 |
Vilas Fernández, Ana Belén |
***9407** |
I.3.2 |
Código |
Causa da exclusión |
I.3.2 |
Solicitude fóra de prazo |