Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2023 Páx. 25572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 11 de abril de 2023, do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios da Coruña, polo que se notifica un acto administrativo ditado no expediente de responsabilidade patrimonial RP-2015-0047-C.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, emprázase a persoa interesada, mediante anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo citado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para o coñecemento íntegro do acto administrativo que se notifica, a persoa interesada, por si ou a través do seu representante legal, dispón dun prazo de dez días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado para comparecer, previa cita, na Inspección da Área Sanitaria de Santiago de Compostela, dependente do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios, situada no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n de Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres (excepto festivos), así como para presentar as alegacións correspondentes.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o vencemento do prazo indicado para comparecer.

A Coruña, 11 de abril de 2023

Celsa Gómez Pombo
Instrutora do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios da Coruña

ANEXO

Número de expediente: RP-2015-0047-C.

DNI/NIF/CIF: 44268230S.

Acto de notificación: com. práctica de probas. Trámite de audiencia e alegacións.