Unha vez rematado o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso como persoal laboral fixo do Intecmar nas categorías de titulado/a superior en Bioloxía (grupo I, categoría 10), técnico/a especialista en informática (grupo III, categoría 93) e auxiliar administrativo (grupo IV, categoría 1), convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2022 (DOG número 245, do 27 de decembro), esta presidencia, de acordo co previsto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal laboral fixo do Intecmar as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan na proposta formulada pola Comisión de Selección na Resolución do 5 de abril de 2023, publicada no portal web do Intecmar, ordenada de acordo coa puntuación final obtida e que se xunta como anexo a esta resolución.
Segundo. As persoas nomeadas persoal laboral fixo disporán do prazo dun mes para a toma de posesión no destino ofertado con carácter provisional e para a formalización do contrato laboral.
O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición, ante a presidenta do Intecmar no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vilaxoán, 14 de abril de 2023
Rosa Maria Quintana Carballo
Presidenta do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia
ANEXO
Nº de prazas |
Grupo |
Categoría |
Descrición da praza |
NIF |
Apelidos e nome |
1 |
IV |
1 |
Auxiliar administrativo/a |
***5009** |
Jamardo Rodríguez, María del Carmen |
2 |
IV |
1 |
Auxiliar administrativo/a |
***6360** |
López Folgar, Cándida |
3 |
III |
91 |
Técnico/a especialista en informática |
***6501** |
Gómez Mella, Alberto |
4 |
III |
91 |
Técnico/a especialista en informática |
***6792** |
Rodríguez Ruibal, María Loreto |
5 |
III |
91 |
Técnico/a especialista en informática |
***8483** |
Pérez Queiro, Juan José |
6 |
IV |
1 |
Auxiliar administrativo/a |
***5107** |
Caamaño Crespo, Josefa Purificación |
7 |
III |
91 |
Técnico/a especialista en informática |
***4617** |
Abal Parada, María Dolores |
8 |
I |
10 |
Titulado superior en Bioloxía |
***9506** |
Allen-Perkins Cáceres, Silvia |