Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2023 Páx. 25392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 6 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-FE-0119/2022-ACU e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, a resolución do expediente PSC-FE-0119/2022-ACU e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, nº 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.

A Coruña, 6 de abril de 2023

María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0119/2022-ACU

32697967V

Resolución

Avenida Santa Icia, nº 67, Narón

PSC-FE-0216/2022-PPM

76969512N

Resolución

Valle Inclán, nº 3, A Pobra do Caramiñal

PSC-FE-0217/2022-PPM

53486458G

Resolución

Sandrenzo, nº 59, Cespón, Boiro

PSC-FE-0413/2022-PPM

53484472L

Resolución

Camiño dos Cons, nº 15, Posmarcos, A Pobra do Caramiñal