Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2023 Páx. 24842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 4 de abril de 2023 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2023000020 e once máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2023

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº de expediente

Predio

02069-Reformulación do proxecto itinerario peonil e ciclista na AC-214, Sigrás, p.q. 8+500-9+260. Termo municipal de Cambre. Clave AC/18/186.06.

Hrdos Eidee Rodríguez Mosteiro

2.3.2023

2023000020

21-B

02076-DP 7804 Val do Dubra a Santiago, ensanche, mellora de trazado e afirmado p.q. 18+690 ao 22+223.

Mercedes Salgado Pedroso e 3 máis

2.3.2023

2022000951

202

02177-Mellora da estrada PO-235, 2ª fase. Termo municipal da Lama. Clave PO/15/058.10.2.

Dosinda Martínez Perdiz

2.3.2023

2022000678

37

Gerardo Perdiz Francisco

2.3.2023

2022000680

45

Gerardo Perdiz Francisco

2.3.2023

2022000683

48

Elsa Garrido Vilas

2.3.2023

2022000693

66

Olimpia Cendón Durán

2.3.2023

2022000715

103

02190-Modificado nº 1 vía de conexión A-52 co polígono industrial San Cibrao das Viñas, treito A-52 a N-525. Termo municipal Taboadela. Clave OU/15/107.01.M1.

Jesusa Boo Outeiriño

2.3.2023

2022000970

51 NA

Generosa Iglesias Vázquez

2.3.2023

2022000982

91 CO

Manuel Menor Dacruz

2.3.2023

2022000987

138 CO

José Naviñeiro

2.3.2023

2022001000

172 CO

Montserrat Menor Blanco

2.3.2023

2022001002

250 CO