Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2023 Páx. 24818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 5 de abril de 2023 polo que se notifica a imposición dunha multa coercitiva derivada do expediente IU1-138-2012-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o día 20 de febreiro de 2023, unha resolución pola que se impón unha terceira multa coercitiva (IU1/138/2012-C3), derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número IU1/138/2012-RP1, ás persoas titulares do documento nacional de identidade número 32398017X e 32423620Z, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 3 de xuño de 2013 que ordenaba a demolición das obras situadas no lugar de San Pedro de Veigue, parroquia de Veigue, no termo municipal de Sada, provincia da Coruña, e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras.

Ao non poder realizar a notificación persoal desta resolución, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da dita resolución e constancia del tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á via administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, perante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva e que será motivo de non admisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da que este acordo é un mero acto de execución.

No caso de que non exerzan o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística