Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2023 Páx. 24684

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 17 de abril de 2023 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2023 (código de procedemento MR340A).

BDNS (Identif.): 672137.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Modificación do prazo de presentación de solicitudes

Modifícase o artigo 32 no referente ao prazo de presentación de solicitudes, que finalizará, tanto para subvencións como para garantías de préstamos, o día 28 de abril de 2023.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural