Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2023 Páx. 24459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2023/113-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTA, LMTS MUR817 e CT Pumariño.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas:

– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-110, de 70 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-4500-14 na LMTA MUR817, que substitúe o A3MIT5NS//71-12-11, situado na parcela con referencia catastral 36900A080003330000QP, e final no apoio proxectado C-4500/14, situado na parcela con referencia catastral 36900A080003300000QY.

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, condutor tipo RHZ1, de 1.013 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo que se realizará no apoio proxectado C-4500-14 e final no centro de transformación (CT) proxectado, que substitúe o centro de transformación Pumariño 36CMJ6.

– Centro de transformación compacto a 250 kVA, con RT 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36900A097007310000QA, no lugar Pumariño, na parroquia de San Pedro de Tomeza.

A instalación está situada nos lugares de Tomeza e Pumariño, no concello de Pontevedra.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 27 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/113-4.

Denominación: LMTA, LMTS MUR817 e CT Pumariño.

Concello: Pontevedra.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT

Afeccións

ml aér.

m² aér.

m² sub.

1

Prado

Rústico

36900A080003330000QP

Carmen Pesqueira Palleiro

1

2,00

4,00

2

Lamboqueiro

Rústico

36900A080103330000QX

Carmen Pesqueira Palleiro

40,00

3

Pontevedra

Rústico

36900A080003320000QQ

Carmen Pesqueira Palleiro

11,00

110,00

4

Granxa

Rústico

36900A080003310000QG

Carmen Pesqueira Palleiro

8,00

115,00

5

Granxa

Rústico

36900A080003300000QY

Carmen Pesqueira Palleiro

1

2,00

41,00

605,00

3,00

6

A Victoria

Rústico

36900A080003260000QB

Descoñecido/a

24,00

7

Casa e Circundado

Rústico

36900A080004140000QS

Descoñecido/a

21,00

8

Pumariño

Rústico

36900A097007310000QA

José García

CT

23,00