Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Begasa.
Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.
Denominación: substitución LSAT 20 kV liña Gapsa_1 (3 tramos).
Situación: concello de Lugo.
Características técnicas principais:
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV en canalización proxectada, con orixe nunha cela do CT 5836 Orquídea 2 e final nunha cela no CT 508 T. Pardo, cunha lonxitude de 105 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV en canalización proxectada, con orixe nunha cela do CT 508 T. Pardo e final nunha cela do CT 3610 T. Pardo 28, cunha lonxitude de 140 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV en canalización proxectada, con orixe nunha cela do CT 11457 N. Abel e final nunha cela do CT 1362 Serra Gañidoira, cunha lonxitude de 260 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
Finalidade da instalación: mellora de instalacións.
Orzamento: 112.502,79 euros.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Lugo.
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para a autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e deberá realizar a dirección de obra un técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento se deberán cumprir as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente conforme a dereito.
Lugo, 21 de marzo de 2023
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo