Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2023 Páx. 24471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 12 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA SAG703 entre os apoios número 207 a 217, no concello da Veiga (expediente IN407A 2022/26-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puider practicar...», mediante este anuncio convócase a todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica regulamentación LMTA SAG703 entre os apoios núm. 207 a 217, na Casa do Concello da Veiga, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 12 de abril de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/26-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Concello: A Veiga.

Instalación: regulamentación LMTA SAG703 entre os apoios núm. 207 a 217.

Predio nº

Lugar

Titular

Incidencia

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

Escarabelleira

Herdeiros de Nieves García Rodríguez

Enderezo descoñecido

Casa do Concello da Veiga

12.6.2023

11.30

5

Pozas

Herdeiros de Palmeiro Santos Barrio

Enderezo descoñecido

Casa do Concello da Veiga

12.6.2023

11.45

9

Pozas

Generosa Prada Pedraz

Enderezo descoñecido

Casa do Concello da Veiga

12.6.2023

11.50

10

Pozo da Cruz

Herdeiros de Tiberio Barrio do Viso

Enderezo descoñecido

Casa do Concello da Veiga

12.6.2023

11.55