Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2023 Páx. 24468

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 4 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA DC SMI803-SAG703-apoio número D81, no concello de Viana do Bolo (expediente IN407A 2022/90-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócase a todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA DC SMI803-SAG703-apoio número D81, na Casa do Concello de Viana do Bolo, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 4 de abril de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/90-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Concello: Viana do Bolo.

Instalación: regulamentación LMTA DC SMI803-SAG703-apoio número D81.

Predio núm.

Lugar

Titular

Incidencia

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

Pedriña

Herdeiros de Isabel Santín Jares

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de Viana do Bolo

12.6.2023

12.45