Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2023 Páx. 24494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 3 de abril de 2023 polo que se notifica o inicio das obras de demolición da construción obxecto do expediente de reposición da legalidade urbanística 107B/2009-3.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 23 de marzo de 2023, o inicio das obras de demolición dun alpendre, situado no lugar da Barca do Castelo, no termo municipal de Quiroga, a partir do 5 de xuño de 2023, que se iniciará co corte dos servizos por parte das empresas subministradoras e continuará coa execución das obras.

Ao non poder realizar a notificación persoal deste acordo ao interesado con documento de identidade de estranxeiro X8401975Y, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e comunícaselle que dispón ata o 4 de xuño de 2023 para retirar os bens e o enxoval existente na edificación obxecto da orde de demolición.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística