De conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia no proceso de selección de persoas adxudicatarias de vivendas de promoción pública, en primeira adxudicación, no concello da Coruña, iniciado pola Resolución do 22 de decembro de 2022.
O acto foi adoptado pola xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 13 de abril de 2023
Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Expediente |
DNI/NIE/NIF |
Acto obxecto de notificación |
91928 |
34894230X |
Trámite de audiencia |