Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2023 Páx. 24228

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2023 pola que se aproba a relación de solicitudes estimadas e desestimadas relativas ao recoñecemento extraordinario do grao II do sistema transitorio de traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 7 da Resolución do 17 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 17 de novembro de 2022, polo que se aproba o Acordo do 14 de novembro de 2022 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario do recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza (DOG núm. 220, do 18 de novembro), unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes para o acceso ao grao extraordinario II nos corpos de médico forense e de xestión procesual e administrativa, esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro. Aprobar a relación de solicitudes estimadas e desestimadas relativas ao recoñecemento extraordinario do grao II do sistema transitorio de traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia nos corpos de médico forense e de xestión procesual e administrativa.

Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á estimación ou desestimación da súa solicitude realizarase a través da Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza de Galicia (OPAX).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes, ou recurso contencioso- administrativo, ante o órgano competente, no prazo de dous meses. Ambos os dous prazos se contaraán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2023

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza