Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2023 Páx. 24218

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/511-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América 38, 28028 Madrid.

Denominación: reordenacion LMT TRO721 entre CCSS 36CHC2 e 36CDH3 e reforma CS 36CDH3.

Situación: Vigo.

Características técnicas:

– LMT subterránea a 15 kV, con conductor RHZ1, en tres actuacións:

1. 221 metros; orixe: LMTS existente TRO7210387; final: centro de seccionamento baixada á Rotea (36CHC3).

2. 106 metros; orixe: centro de transformación Talleres Moncho (36C929); final: centro de seccionamento Frioteis (36CDH3).

3. 506 metros; orixe: centro de seccionamento Frioteis (36CDH3); final: LMTS existente TRO7210428.

– Reforma do centro de seccionamento Frioteis (36CDH3), consistente na substitución das celas existentes por catro novas celas de liña, tres de saída telecontroladas.

A instalación está situada no camiño do Laranxo e baixada á Roteas Teis, no concello de Vigo.

Consideracións legais:

A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Polo que antecede, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, DOG núm. 203, do 25 de outubro, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 20 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra