Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2023 Páx. 24275

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a ampliación do local social do monte veciñal en man común de Santa Cruz (Ove).

Logo de aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a ampliación do local social do monte veciñal en man común de Santa Cruz (Ove), concello de Ribadeo, mediante a Resolución da Alcaldía número 2023-245, do 21 de marzo de 2023, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública por prazo de 2 meses contado desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello:

https:sedelectronica.www.ribadeo.gal

Durante o devandito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se xulguen pertinentes ou obter copias.

Se transcorrido o devandito prazo non se presentaron alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.

Ribadeo, 21 de marzo de 2023

Fernando Suárez Barcia
Alcalde