Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2023 Páx. 24257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

CÉDULA do 30 de marzo de 2023, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a incoación do 6 de febreiro de 2023 ditada no expediente sancionador da Coruña RITGA-E-2023-000732 (ref. AC- 005/2023), por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais non se puido efectuar a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Juan Luis Martínez Sieira. El interesado pode promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A resolución deste procedemento por infracción grave correspóndelle á directora da Axencia de Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 19.4.g) dos estatutos da dita axencia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, en relación co artigo 119.1.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, a resolución deste procedemento sancionador notificarase no prazo dun ano desde a data deste acordo.

El interesado dispoñerá dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 82.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a este, cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenda valerse, coa advertencia de que de non formular alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.1 da dita lei.

De conformidade co establecido no artigo 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, infórmase a persoa imputada de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e ademais pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

A Coruña, 30 de marzo de 2023

Ana Teresa Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: RITGA-E-2023-000732 (ref. AC-005/2023).

Denunciado: Jesús María Cendán Vázquez.

Establecemento: Hostel Santiago.

Enderezo: rúa da Senra, nº 11, 3º.

Localidade: Santiago de Compostela.

Precepto infrinxido: artigo 110.10 e 110.12 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Incoación: 6 de febreiro de 2023.

Sanción: multa de tres mil catrocentos euros (3.400 €).

Importe da multa coa aplicación do 20 % de desconto: dous mil setecentos vinte euros (2.720 €).

Importe da multa coa aplicación do 40 % de desconto: dous mil corenta euros (2.040 €).