Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2023 Páx. 24019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2023/090-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: soterramento da LMT DC BAL705, CS e substitución do CT Monte da Serra (36CEA0).

Situación: Vigo.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 690 metros en catro actuacións. A primeira é de 164 metros de lonxitude, con orixe no empalme coa LMTS existente no Camiño do Carro e final no centro de transformación (CT) proxectado, que substitúe o centro de transformación Monte da Serra (36CEA0). A segunda é de 23 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación proxectado e final no centro de seccionamento (CS) proxectado. A terceira é de 343 metros de lonxitude, con orixe no centro de seccionamento e final no apoio proxectado C-9000/16, mediante paso aéreo subterráneo, na LMT existente no Camiño do Monte da Serra. A cuarta é de 160 metros de lonxitude, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final no apoio proxectado C-2000/14, mediante un paso aéreo subterráneo na LMT existente.

Centro de transformación compacto, a 250 kVA, con RT 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 54057A093001130000AE, na rúa do Portoloureiro.

Centro de seccionamento, 3L 2TC, con celas compactas e corte en SF6, situado na parcela con referencia catastral 54057A093001130000AE, na rúa do Portoloureiro.

Retensado dos vans aéreos contiguos aos apoios proxectados (177 e 62 metros).

A instalación está situada en Portoloureiro, parroquia de Castrelos, no municipio de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 21 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/090-4.

Denominación: soterramento da LMT DC BAL705, CS e substitución do CT Monte da Serra (36CEA0).

Concello: Vigo.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CS/CT

Afeccións

m2

ml sub.

m2 sub.

1

Ponte Pequena

Rústico

54057A093001130000AE

Alba Fernández Caride

CT

CS

16,81

14,03

4,39

30,89

2

A Serra

Rústico

54057A095000100000AW

Asociación de Veciños San Pedro de Sádoma O Carballo

1

3,24

13,07

32,45

3

Monte Serra

Rústico

54057A096002840000AL

José Ramón Alonso Alonso

2

1,44

6,45

19,14