Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2023 Páx. 24024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2023/086-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS GON806 e BAL708, CS e substitución dos apoios 9SRMLCJX//D56 e 9SPJIALL/D57.

Situación: Vigo.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea (LMTA), a 15 kV, con condutor LA-110 en tres actuacións. A primeira, na BAL708, é de 83 metros, con orixe no apoio existente 9STA04FK//D55 e final no apoio proxectado C-3000/16, que substitúe o 9SRMLCJX//D56. A segunda, tamén na BAL708, é de 99 metros, con orixe no apoio proxectado C-3000/16 e final no apoio proxectado C-2000/16, que substitúe o 9SPJIALL//D57. A terceira actuación, na BAL702, é de 182 metros, con orixe no apoio existente 9STA04FK//D55 e final no apoio proxectado C-2000/16.

Liña de media tensión subterránea (LMTS), a 15 kV, con condutor RHZ1, de 110 metros de lonxitude, con orixe e final no apoio proxectado C-3000/16, facendo entrada e saída no centro de seccionamento proxectado.

Centro de seccionamento compacto de manobra exterior 3L+TT localizado no camiño da Ermida, fronte ao número 52, na parcela con referencia catastral 54057A126001230000BB.

A instalación está situada na Ermida, na parroquia de Oia, no municipio de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 21 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/086-4.

Denominación: LMTS GON806 e BAL708, CS e substitución dos apoios 9SRMLCJX//D56 e 9SPJIALL/D57.

Concello: Vigo.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Apoio

Afeccións

m2

ml sub.

m2 sub.

1

A Ermida

Rústico

54057A126001230000BB

Descoñecido/a

13,77

8,15

35,22

2

A Ermida

Rústico

54057A126001170000BH

María Durán Alonso Rial

2

1,69