Con data do 27 de febreiro de 2023, mediante o Decreto da Alcaldía 2023-0443 aprobouse a oferta de emprego público ordinaria para o ano 2023, que consta das seguintes prazas:
OPE ordinaria 2023: prazas de persoal laboral.
Código |
Grupo |
Categoría/posto |
Quenda |
04.01.02.12 |
3.1 |
Persoal de emerxencias/condutor |
Libre |
OPE ordinaria 2023: prazas de persoal funcionario.
Código |
Grupo |
Categoría/posto |
Quenda |
04.01.01.03 |
C1 |
Oficial policía local |
Promoción interna |
04.01.01.12 |
C1 |
Policía local |
Libre |
04.01.01.21 |
C1 |
Policía local |
Libre |
04.01.01.06 |
C1 |
Policía local |
Mobilidade (taxa 2024) |
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente o recurso potestativo de reposición, ante o órgano que o ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que xulgue máis conveniente ao seu dereito.
Ponteareas, 14 de marzo de 2023
Cristina Fernández Davila
Alcaldesa