Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2023 Páx. 23975

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2023 pola cal se publica o plan de estudos do máster universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 18.10.2022 (publicado no BOE do 28.10.2022 por Resolución do secretario xeral de universidades do 21.10.2022).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras pola Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Goberno Local e Políticas Públicas
Innovadoras pola Universidade de Santiago de Compostela

Código RUCT: 4318112.

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

24

Optativas

21

Prácticas externas OB

9

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Curso

Módulo

Organización do goberno e da administración local

Obrigatoria

3

Materias obrigatorias

Procedemento administrativo e contratación pública

Obrigatoria

6

Facendas locais e xestión orzamentaria

Obrigatoria

6

Goberno local e innovación democrática

Obrigatoria

6

Políticas sociais innovadoras e Axenda 2030

Obrigatoria

3

Planificación estratéxica no ámbito local

Optativa

3

Itinerario profesional: gobernos locais especializados: políticas públicas, innovación e territorios sustentables

Deseño e márketing de servizos públicos

Optativa

3

Liderado e habilidades directivas

Optativa

3

Análise de políticas públicas

Optativa

3

Itinerario investigador: institucións e políticas locais

Técnicas de investigación aplicada

Optativa

3

Avaliación de políticas públicas e control de xestión

Optativa

3

Economía social e promoción económica

Optativa

3

Materias optativas

Función pública e xestión de recursos humanos

Optativa

3

Territorio, usos e servizos urbanos

Optativa

3

Deseño e xestión de proxectos e captación de fondos doutras administracións públicas

Optativa

3

Análise e interpretación de datos cuantitativos

Optativa

3

Transversalidade e políticas de igualdade

Optativa

3

Goberno aberto e administración electrónica

Optativa

3

Novas tecnoloxías aplicadas á xestión dos servizos locais

Optativa

3

Prácticas externas

Obrigatoria

9

Prácticas externas e traballo fin de máster

Traballo fin de máster

Obrigatoria

6

Orientacións:

O máster recolle dúas orientacións:

– Orientación profesional: gobernos locais especializados: políticas públicas, innovación y territorios sustentables.

– Orientación investigadora: institucións y políticas locais.

O alumno debe cursar obrigatoriamente unha orientación e pode completar ambas as dúas, cursando as materias vinculadas correspondentes. O TFM da orientación profesional debe ter carácter aplicado; o da orientación investigadora, un enfoque de traballo de investigación.