Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2023 Páx. 24064

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2023 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea P.C. II.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea P.C. II e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 2 de febreiro de 2022, Juan Jesús Piñeiro Rodríguez solicitou autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea P.C. II.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Juan Jesús Piñeiro Rodríguez (***8247**), da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: P.C. II.

Situación:

Cuadrícula nº: 84.

Polígono: A.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 20.5.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Carmen Rodríguez Vicente (***7631**), María del Carmen Piñeiro Rodríguez (***5520**) e Juan Jesús Piñeiro Rodríguez (***8247**).

Novo titular: Juan Jesús Piñeiro Rodríguez (***8247**).

O novo titular da concesión subrógase nos dereitos e nas obrigas dos anteriores desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 21 de marzo de 2023

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo