Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2023 Páx. 23850

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 29 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunican a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación no concello de Ourense (expediente IN407A 2022/94-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación da LMTA SAC803 entre o apoio 21 a 36 (Untes), no concello de Ourense, correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 29 de marzo de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/94-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación da LMTA SAC803 entre o apoio 21 a 36 (Untes).

Concello: Ourense.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data de ocupación

3

Rego

32900A066003310000PP

Descoñecido

29.3.2023

6

Gandareira

32900A066002390000PO

Descoñecido

29.3.2023

10

Suventana

32900A065000500000PI

Descoñecido

29.3.2023

11

Souto dos Carreiros

32900A065000070000PO

Descoñecido

29.3.2023