Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2023 Páx. 23844

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2023/083-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS TRO708, substitución CTI Godesende por CTC e reforma CT A Guía.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas:

Substitución do centro de transformación intemperie (CTI) Godesende (36A920) por un centro de transformación compacto (CTC), a 250 kVA, con RT de 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 5185601NG2758N0001TI, fronte ao número 147 da rúa Dr. Corbal.

Reforma do centro de transformación A Guía (36S415) de 400 kVA, situado baixo a beirarrúa da Urbanización Mirasol, á altura do número 12, consistente na substitución das celas existentes por tres celas modulares 2L1P telecontroladas.

Liña de media tensión subterránea (LMTS), a 15 kV, con condutor RHZ1, de 603 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación A Guía (36S415) e final no centro de transformación proxectado, que substitúe o centro de transformación Godesende.

As instalacións están situadas na rúa da Urbanización Mirasol, rúa Dr. Corbal, rúa Oliveira na Guía, Teis, no municipio de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 21 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/083-4.

Denominación: LMTS TRO708, substitución CTI Godesende por CTC e reforma CT A Guía.

Concello: Vigo.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Afeccións

ml sub

m2 sub

1

Rúa Dr. Corbal, 144

Urbana

5185601NG2758N0001TI

José Collazo Puga

21,27

1,69

7,13