Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2023 Páx. 23836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2023/079-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS BAL702 en Coruxo e substitución CT 36C938 por CTC.

Situación: Vigo.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS), a 15 kV, con condutor RHZ1, en tres actuacións. A primeira é de 341 metros, con orixe no centro de transformación (CT) 36CRP3 Laxes-Coruxo e final no centro de transformación proxectado. A segunda é de 257 metros, con orixe no centro de transformación proxectado e final no punto de acceso á rede proxectado sobre a liña subterránea existente, xunto ao apoio 9TMJ5LTF//D46-7, na estrada de Fragoselo. A terceira ten 608 metros, con orixe no centro de transformación proxectado e final no centro de transformación 36P669 Fegosán, no camiño das Melcas, 7.

Centro de transformación, a 630 kVA, con RT de 15 kV/400 V, situado na parcela 54057A12700268 en Carballal, na estrada Camposancos, 262.

Retirada do centro de transformación estrada Coruxo 36C938, en caseta non prefabricada.

A instalación está situada na parroquia de Coruxo, no municipio de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 20 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/079-4.

Denominación: LMTS BAL702 en Coruxo e substitución CT 36C938 por CTC.

Concello: Vigo.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

1

Carballal

Improdutivo

54057A127002680000BF

Descoñecido/a

29,26