Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2023 Páx. 23818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Guarda (expediente IN407A 2023/066-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS ROS808 e substitución CTI Vixases (36AN07) por CTC.

Situación: A Guarda.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea (LMTS), a 20 kV, con condutor RHZ1, en dúas actuacións. A primeira é de 227 metros, con orixe no paso aéreo subterráneo no apoio proxectado C-2000/14 no tramo ROS8080068 e final no centro de transformación (CT) proxectado. A segunda é de 45 metros, con orixe no centro de transformación proxectado e final no paso aéreo subterráneo no apoio proxectado C-2000/18 no tramo ROS8080020. Centro de transformación compacto a 250 kVA, con RT de 20 kV/400 V, situado nas parcelas 961 e 956 do polígono 24 do lugar Bouza Grande. Retensado dos vans contiguos aos apoios proxectados. Retirada do centro de transformación intemperie Vixases (36AN07) A instalación está situada en Fonte Quente, no municipio da Guarda (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 17 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/066-4.

Denominación: LMTS ROS808 e substitución CTI Vixases (36AN07) por CTC.

Concello: A Guarda.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Apoio

Afeccións

m2

ml sub.

m2 sub.

1

Papoladas

Rústico

36023A024009610000UE

Rafael Martínez Sobrino

8,41

1,61

3,73

2

Bouza Grande

Rústico

36023A024009560000UI

Rafael Martínez Sobrino

8,40

2

1,69

1,59

15,77

3

Bouza Cerrada

Rústico

36023A024009770000UT

Mario Martínez Blanco

3

1,44

2,97

9,14