Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2023 Páx. 23876

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 28 de marzo de 2023 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución da compensación da débeda por reintegro da subvención co número de expediente 27/19/400158.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a resolución da compensación da débeda que foi acordada mediante a Resolución do 20 de setembro de 2021, logo de resultar infrutuosos os diferentes intentos de notificación realizados por correo certificado, ademais da súa posta á disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para coñecer o contido íntegro da citada resolución, a persoa interesada poderá comparecer nas dependencias do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), situado na rúa dos Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente

NIF

Acto notificado

27/19/400158

33845630A

Resolución de compensación da débeda