Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 14 de abril de 2023 Páx. 23458

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta da Comisión Negociadora do VI Convenio colectivo autonómico de Galicia de aparcadoiros, garaxes, estacionamentos regulados de superficie e retirada e depósito de vehículos da vía pública, pola que se actualizan as táboas salariais para 2023.

Visto o texto da acta da Comisión Negociadora do VI Convenio colectivo autonómico de Galicia de aparcadoiros, garaxes, estacionamentos regulados de superficie e retirada e depósito de vehículos da vía pública, pola que se actualizan as táboas salariais para 2023, que se subscribiu o 13 de outubro de 2022, entre a representación de Asesga e os representantes dos traballadores e traballadoras pertencentes aos sindicatos CC.OO. e UXT, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Acta da Comisión Negociadora do VI Convenio colectivo autonómico de Galicia de aparcadoiros, garaxes, estacionamentos regulados de superficie e retirada e depósito de vehículos da vía pública

Mediante videoconferencia realizada o día 8 de febreiro de 2023, ás 10.00 horas, reúnense as persoas que a seguir se relacionan, nas representacións que se indican:

Por Asesga:

Ana Herrera Couceiro

María Fernández Ruiz

Teresa Silva Ginel

Teresa Durán Manso

Amparo Revuelta de Rojas

Por CC.OO:

Por UXT:

Pedro Antonio Beade Roel

Martín Martínez Figueiro

Juan Manuel Romero García

Adrián López Villar

Juan Carlos Liñares Beiroa

Jesús Mosquera Rivas

Rakel Rodríguez Parada

O obxecto da reunión, previamente coñecido polas partes, é:

– Revisar e actualizar, se procede, as táboas salariais aplicables para o ano 2023.

ACORDOS:

Primeiro. En aplicación do establecido na disposición derradeira primeira do convenio, increméntanse nun 2,00 % as últimas táboas salariais publicadas correspondentes ao ano 2022, configurando así as novas táboas salariais de aplicación para o ano 2023, que se achegan como anexo a esta acta.

Á parte do salario base fixo garantido, cóbranse neste convenio outros complementos fixados en función de circunstancias relativas ás condicións persoais das persoas traballadoras, ao traballo realizado ou á situación e/ou resultados da empresa que poden integrar a base do cálculo do SMI. En todo caso, as persoas traballadoras afectadas por este convenio non poderán percibir salarios inferiores ao SMI establecido en cada momento.

Segundo. Acórdase facultar a persoa que designe o Consello Galego de Relacións Laborais para que, en nome desta Comisión, realice canto xestións sexan necesarias para o depósito, rexistro e publicación polos organismos competentes desta acta.

Ao non haber máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 10.30 horas.

ANEXO

Táboa salarial ano 2023

Nivel

Clasificación profesional

Salario base

mensual (15)

Complemento convenio

mensual (15)

Complemento transporte

mensual (11)

Total anual

Valor horas extras

Grupo soporte

I

Xefe/a de área

860,16 €

209,54 €

78,86 €

16.912,95 €

9,98 €

Licenciado/a-grao superior

933,30 €

221,05 €

78,86 €

18.182,70 €

10,95 €

 

 

II

Xefe/a de sección

839,34 €

206,11 €

78,86 €

16.549,23 €

9,76 €

Técnico/a medio-diplomado/a

897,19 €

215,08 €

78,86 €

17.551,43 €

10,50 €

 

 

III

Oficial administrativo

802,34 €

200,28 €

78,86 €

15.906,66 €

9,26 €

 

 

IV

Auxiliar administrativo

760,08 €

194,18 €

78,86 €

15.181,35 €

8,80 €

 

 

Grupo operativo

 

 

I

Xefe/a de servizo ou de centro

 

 

 

 

 

 

 

II

Encargado/a

839,34 €

206,11 €

78,86 €

16.549,23 €

9,76 €

 

 

III

Operador de guindastre

835,88 €

199,56 €

78,86 €

16.399,01 €

9,76 €

Axente de aparcadoiro

796,41 €

199,35 €

78,86 €

15.803,77 €

9,21 €

Oficial de mantemento

796,41 €

199,35 €

78,86 €

15.803,77 €

9,21 €

Controlador/a

796,41 €

199,35 €

78,86 €

15.803,77 €

9,21 €

Técnico/a mantemento ORA/guindastre

796,41 €

199,35 €

78,86 €

15.803,77 €

9,21 €

Inspector

797,24 €

199,56 €

78,86 €

15.819,38 €

9,22 €

Administrativo/a de depósito

789,49 €

198,24 €

78,86 €

15.683,51 €

9,14 €

Operador/a centro de control

774,42 €

198,45 €

78,86 €

15.460,47 €

8,96 €

 

 

IV

Auxiliar de aparcadoiro

746,15 €

191,30 €

78,86 €

14.929,20 €

8,55 €

Engraxador/a-lavacoches

 

 

 

 

 

Axudante de depósito

 

 

 

 

 

Axudante de conservación

746,15 €

191,30 €

78,86 €

14.929,20 €

8,55 €

Persoal de limpeza

720,46 €

187,28 €

78,86 €

14.483,56 €

8,26 €

Documento de identificación de sinaturas

Nome e apelidos

DNI

Sinatura

Ana Herrera Couceiro

María Fernández Ruiz

Teresa Silva Ginel

Teresa Durán Manso

Amparo Revuelta de Rojas

Pedro Antonio Beade Roel

Juan Manuel Romero García

Juan Carlos Liñares Beiroa

Martín Martínez Figueiro

Adrián López Villar

Jesús Mosquera Rivas

Rakel Rodríguez Parada