Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 14 de abril de 2023 Páx. 23494

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 30 de marzo de 2023 pola que se declara deserto un posto vacante convocado para a súa provisión, mediante o sistema de libre designación, pola Orde do 6 de febreiro de 2023.

Mediante a Orde do 6 de febreiro de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 33, do 16 de febreiro de 2023, publicouse a convocatoria para provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que se detalla no anexo I desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.2 e 92.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e demais normativa aplicable, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserta a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2023

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade

ANEXO I

Código: EM.402.00.000.15770.001.

Consellería: Promoción do Emprego e Igualdade.

Denominación do posto: secretario/a do/da director/a xeral.

Dependencia: Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo/subgrupo: C1-C2.

Nivel: 18.

Complemento específico: 7.489,70 €/ano.

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e comunidades autónomas).

Formación específica: 640-para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).