Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 14 de abril de 2023 Páx. 23554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual número 7 do Plan xeral de ordenación municipal de San Cibrao das Viñas para a revisión de aliñacións do núcleo rural tradicional de Laxe-Facheiros-Outeiro-Rego, no concello de San Cibrao das Viñas (expediente 2022AAE2746).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico, do 28 de marzo de 2023, sobre a modificación puntual número 7 do Plan xeral de ordenación municipal de San Cibrao das Viñas para a revisión de aliñacións do núcleo rural tradicional de Laxe-Facheiros-Outeiro-Rego, no concello de San Cibrao das Viñas.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave introducindo o código 2563/2022.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático