Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 14 de abril de 2023 Páx. 23556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de protección e rehabilitación da igrexa, hospital psiquiátrico e mosteiro de Conxo cos seus xardíns e hortas, zonas de acceso e núcleos do contorno (PE-1R), no concello de Santiago de Compostela (expediente 2023AAE2755).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico, do 28 de marzo de 2023, sobre o Plan especial de protección e rehabilitación da igrexa, hospital psiquiátrico e mosteiro de Conxo cos seus xardíns e hortas, zonas de acceso e núcleos do entorno (PE-1R), no concello de Santiago de Compostela.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave introducindo o código 2567/2023.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático