Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 14 de abril de 2023 Páx. 23478

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 11 de abril de 2023 pola que se modifica a Resolución do 14 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503G).

BDNS (Identif.): 681680.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Acórdase ampliar o prazo de presentación de solicitudes establecido no artigo 9 das bases reguladoras da Resolución do 14 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503G) nun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Esta ampliación permite que aquelas entidades que non formulasen solicitude con anterioridade poidan formulala tendo en conta as modificación efectuadas.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2023

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia de Turismo de Galicia