Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 14 de abril de 2023 Páx. 23597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 29 de marzo de 2023, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 36-BONAL-041/2017 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentadas as notificacións persoais nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola xefa da Área Provincial de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na rúa Alcalde Hevia, nº 7, 4º andar, Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 29 de marzo de 2023

Margarita Cabaleiro Viñas
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36-BONAL-041/2017.

DNI: 77409618J.

Acto obxecto de notificación: requirimento de emenda.

Expediente: VI482F3600511.

DNI: 33238379K.

Acto obxecto de notificación: requirimento de emenda.

Expediente: VI482F3600681.

DNI: Y0002575J.

Acto obxecto de notificación: requirimento de emenda.