Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 14 de abril de 2023 Páx. 23562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 28 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 20220076TA-OU por infracción en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 20220076TA-OU incoado na Xefatura Territorial de Ourense á persoa/entidade que se sinala no anexo.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, facilitaranlle impresos normalizados para o pagamento da sanción, nos prazos establecidos. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2023

Carmen Durán Parrondo
Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 20220076TA-OU.

Documento de identificación: 49711970T.

Último enderezo coñecido: rúa Xoán XXIII, nº 29, baixo B. 32003 Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 1.800,00 €.