Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 13 de abril de 2023 Páx. 23318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 21 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento de cancelación conxunta no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2017/00187).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa identificada no anexo a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, ben por resultar descoñecido o seu domicilio, ben porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

A resolución foi ditada pola persoa titular da Xefatura Territorial, cuxo texto íntegro, así como o seu respectivo expediente, están á disposición da persoa interesada na sede da Xefatura Territorial de Ourense, na avenida de La Habana, nº 79, 1º, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A resolución mencionada non pon fin á vía administrativa, polo que pode ser impugnada en alzada, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, a resolución devirá firme.

Ourense, 21 de marzo de 2023

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIE

Acto notificado

OU-2020/00046

54674286C

Resolución de cancelación da inscrición