En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese á información pública a solicitude relacionada coa instalación que a seguir se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida de San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: instalación de reconectador no apoio C1UWLK14//102-2 da LAMT TRI804 Cova 4.
Situación: parroquia de Celeiros, concello de Chandrexa de Queixa.
Características principais recollidas no proxecto:
– Substitución do apoio existente da LMTA TRI804 Cova 4 número C1UWLK14//102-2 por un novo apoio proxectado de celosía metálica, do tipo C-14/2000, no cal se instala un reconectador seccionador telecontrolado. Substitución do condutor existente e instalación de 49 m de novo condutor LA-56 entre o apoio proxectado número C1UWLK14//102-2 e o apoio existente número C1U6F38F//102-3.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dos dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Tito Arias Santos, con número de colexiado LE-1010 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de León, o 5.9.2022.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Os planos parcelarios do proxecto.
O anterior faise público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, ao seren titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Poderase examinar toda a documentación nesta xefatura territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, 1, 32003 Ourense, e na web desta consellería: http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 13 de marzo de 2023
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Relación de bens e de dereitos afectados
Número de expediente: IN407A 2023/052-3.
Situación: parroquia de Celeiros, concello de Chandrexa de Queixa.
Denominación: instalación de reconectador no apoio C1UWLK14//102-2 da LAMT TRI804 Cova 4.
Predio número en proxecto: 1; referencia catastral: 32030A05200228.
Lugar: Puleiro.
Cultivo: monte baixo.
Titular: Iberdrola, S.A.U.
Afeccións: apoio/CT-ocupación de 2 m2 para o apoio número 102-2.