Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 13 de abril de 2023 Páx. 23353

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO da convocatoria das bases específicas que rexerán o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre, de dúas (2) prazas de persoal funcionario de carreira, categoría técnico/a de Administración xeral (subgrupo A1) .

Na sesión da Xunta de Goberno local do día 28 de marzo de 2023 adoptouse, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar as bases específicas que rexerán o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre, de dúas (2) prazas de persoal funcionario de carreira, categoría técnico/a de Administración xeral (subgrupo A1), do Concello de Lalín.

As presentes bases publicáronse no BOPPO núm. 67, do 5 de abril de 2023, e publicarase, así mesmo, un anuncio destas no DOG e no BOE.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio referido na base anterior no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras atópanse publicadas no Boletín Oficial de la provincia de Pontevedra núm. 67 e tamén na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedelectronica.gal), no taboleiro de anuncios e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.

Lalín, 5 de abril de 2023

José Crespo Iglesias
Alcalde