Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 13 de abril de 2023 Páx. 23351

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ante a imposibilidade de efectuar a comunicación ás persoas titulares das parcelas coas referencias catastrais que se relacionan a continuación, por seren estas descoñecidas, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a comunicación de xestión da biomasa, coa finalidade de que no prazo de quince (15) días naturais, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado (BOE), as persoas interesadas no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Así mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das ditas notificacións, así como da totalidade dos expedientes administrativos, está á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello de Fene, sito no 2º andar do Edificio do Concello, na praza do Alcalde Ramón José Souto, s/n, Fene.

Número de expediente

Referencia catastral/localización

2022/DU001/000084

15036A02100417. Currás, Fene

Fene, 9 de marzo de 2023

Juventino José Trigo Rey
Alcalde