Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 13 de abril de 2023 Páx. 23347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 23 de marzo de 2023 pola que se notifica a resolución de arquivamento do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/362/2021-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 18 de xaneiro de 2023, resolver o arquivamento do expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas en solo de núcleo rural consistentes na construción dun alpendre de madeira para gardar cabalos, no lugar do Coto de Abaixo da parroquia de Godos, no concello de Caldas de Reis, provincia de Pontevedra (referencia catastral 36005A210100330000MA).

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo á persoa interesada con documento nacional de identidade 35415307E, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada o dito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación a citada persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística