Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 13 de abril de 2023 Páx. 23254

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 3 de abril de 2023 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería

De conformidade co establecido nos artigos 88.2 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 6.2 e 26 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I.

Segundo. Poderá concorrer o persoal funcionario de carreira que reúna os requisitos que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

As persoas funcionarias que, de ser o caso, desempeñen en comisión de servizos os postos obxecto desta convocatoria terán a obriga de participar nela. O incumprimento desta obriga dará lugar á revogación da comisión de servizos.

Terceiro. As solicitudes, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, dirixiranse á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas que presenten a súa solicitude presencialmente serán requiridas para que a emenden a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Cuarto. As persoas solicitantes deberán unir á petición o seu currículo e xustificar documentalmente os méritos que aleguen mediante certificación ou copia electrónica auténtica.

Os méritos alegados e non probados non se terán en conta.

Quinto. Se as persoas seleccionadas para ocupar os postos de traballo que se anuncian no anexo I teñen destino noutras administracións públicas, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o previsto no artigo 29 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, e, de ser o caso, no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Sexto. A convocatoria resolverase no prazo máximo de dous (2) meses contado desde a data da súa publicación. En caso de non resolverse no dito prazo, declararase a caducidade do procedemento.

A resolución da convocatoria, coa adxudicación do posto a calquera das persoas funcionarias de carreira solicitantes que reúnan os requisitos exixidos para o seu desempeño, ou a súa declaración como deserta, por considerar que ningunha das persoas candidatas reúne as características adecuadas para o posto de traballo ou non reúne a idoneidade necesaria para o seu desempeño, ou se non se presentase ningunha solicitude, farase pública no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando as persoas adxudicatarias dos postos obteñan coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun (1) mes.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar na data que se determine na resolución definitiva da libre designación con convocatoria pública. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberase computar tamén desde a dita data.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2023

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO I

Código do posto: MA.C99.10.000.27001.002.

Denominación: xefe/a territorial.

Centro de destino: Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo.

Consellería: Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Localidade: Lugo.

Corpo e/ou escala: xeral/especial.

Grupo(s)/subgrupo(s): A1, A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 21.852,74 €/ano.

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego-R.I.).

Tipo de adscrición: A12 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado, CC.AA e Administración local).

Código do posto: MA.C99.10.002.15001.001.

Denominación: Xefatura do Servizo de Patrimonio Natural.

Centro de destino: Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Coruña.

Consellería: Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Localidade: A Coruña.

Corpo e/ou escala: xeral/especial.

Grupo(s)/subgrupo(s): A1, A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 16.964,92 €/ano.

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego-R.I.).

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

missing image file