Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 12 de abril de 2023 Páx. 23143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 24 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0606/2022-PPM e nove máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0606/2022-PPM e nove máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 24 de marzo de 2023

Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0606/2022-PPM

76968096E

Inicio

Molle Edificio Rambla, 7, 3º A, Goiáns, 15999 Porto do Son (A Coruña)

PSC-CO-0019/2023-PPM

53481305A

Inicio

Lugar Corviño, 62, Cabo de Cruz, 15939 Boiro (A Coruña)

PSC-CO-0034/2023-PPM

47379840R

Inicio

Avda. Fernando Blanco, 31, 2º esda., 15270 Cee (A Coruña)

PSC-CO-0088/2023-V

32393159M

Inicio

Entrepeñas, 47, 4º, 15010 A Coruña

PSC-CO-0089/2023-PRE

76489325L

Inicio

Rúa da Rabuda, 7, Aguiño, 15960 Ribeira (A Coruña)

PSC-CO-0090/2023-V

76483994R

Inicio

Rúa da Rabuda, 17, Aguiño, 15960 Ribeira (A Coruña)

PSC-CO-0103/2023-PPM

46914689W

Inicio

Rúa Areal, 19, 3º B, Perillo, 15172 Oleiros (A Coruña)

PSC-CO-0106/2023-PRE

53484700V

Inicio

Estrada Xeral Castiñeiras, 5, 15966 Ribeira (A Coruña)

PSC-CO-0112/2023-PPM

78803150K

Inicio

Morquintián, 26, 15124 Muxía (A Coruña)

PSC-CO-0114/2023-PPM

47372160A

Inicio

Lg. Cesullas, O Burgo, 15115 Cabana de Bergantiños (A Coruña)