Mediante a Resolución do 26 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023), realizouse a convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso, entre outras, na categoría de enfermeiro/a.
Na base sétima da dita resolución disponse que os tribunais cualificadores do concurso de méritos serán nomeados pola autoridade convocante, e para este efecto publicarase a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.
A Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público (BOE núm. 312, do 29 de decembro), establece que os procesos selectivos para a cobertura de prazas incluídas nas ofertas de emprego público aprobadas no marco dos procesos de estabilización de emprego temporal deberán finalizar antes do 31 de decembro de 2024.
Co obxecto de dar cumprimento ao disposto nesta regulación, e de conformidade coa base sétima da resolución de convocatoria, esta dirección, como órgano convocante do proceso,
ACORDA:
Primeiro. Nomear os membros do tribunal, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de enfermeira/o, convocado mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 26 de decembro de 2022, e que se relacionan no anexo desta resolución.
Segundo. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e do persoal colaborador, negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade, á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) en canto sexan compatibles coa natureza do proceso, e sen prexuízo das peculiaridades que resulten da aplicación da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
Terceiro. Esta resolución producirá os seus efectos desde o mesmo día da súa sinatura.
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2023
Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO
Concurso de méritos
Enfermeira/o |
|||
Presidenta titular |
Del Oro Sáez, Begoña |
Persoal estatutario diplomado sanitario |
Enfermeira |
Secretaria titular |
Ríos Carro, María José |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Grupo xestión da función administrativa |
Vogal titular |
Baquero Sabajanes, María Begoña |
Persoal estatutario diplomado sanitario |
Enfermeira |
Vogal titular |
Iglesias Castro, Francisco Javier |
Persoal estatutario diplomado sanitario |
Enfermeiro |
Vogal titular |
González Silva, Ana Isabel |
Persoal estatutario diplomado sanitario |
Enfermeira |
Presidente suplente |
Argibay Cochón, Juan Carlos |
Persoal estatutario diplomado sanitario |
Enfermeiro |
Secretario suplente |
Morán Losada, José Francisco |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Grupo técnico da función administrativa |
Vogal suplente |
Pérez Vaya, Celestino |
Persoal estatutario diplomado sanitario |
Enfermeiro |
Vogal suplente |
Meizoso Ameneiro, Ana María |
Persoal estatutario diplomado sanitario |
Enfermeira |
Vogal suplente |
Rodríguez Pena, Antonio |
Persoal estatutario diplomado sanitario |
Enfermeiro |